Zona de Acampada

13 de Xullo de 2009

Últimas novas sobre a acampada( parque da praia do preguntoiro), podedes montar o voso palacio dende o mediodía do venres 17 ata a tarde noite do domingo 19.

Tedes a vosa disposición baño e ducha, a praia o ladiño e a festa a un momentiño ( 600 metros)….

Consultade a situación da acampada, ou no botón situación que tedes arriba a dereita, ou en guía útil/situación no menú da esquerda.

Ao ampliar o mapa podedes consultar todos os servicios que tedes en Vilaxóan.

Xa sabedes, non vale faltar!!!!, seguro que ides estar como marqueses…

Directamente dende  Terrasa  co seu peculiar rimo  flamenco, ou como eles o chaman Nu-Flamenc cheo de influencias jazz, salsa, reggae, pasando polo rock, o funk e o punk.

Liderados pola espectacular voz de Maribel, estarán en Vilaxoán o venres 17 no Escenario Caixa Galicia.

E para que vaias preparando os coros, Revenidas regálache o seu  novo disco. www.decallaos.com/revenidas

 

D´Callaos son:

Maribel Martín (Voz)

Daniel Felices (Guitarra solista e coros),

Ruben Lorente (Guitarra flamenca)

Carlos Felices (Baixo eléctrico)

Sergio Martín (Batería)

Carlos Simón (Percusión)

Lluís Pi (Percusión e efectos)

www.decallaos.com

www.myspace.com/dcallaos

 

Onte presentamos aos medios o Festival de este ano, coa participación, entre outros, do noso particular CR, ou que pensades, que só en Madrid se moven masas?. Así que, a mercar camisolas que con algho ai que paghar a festaaaaaaaaaaaa.

Podes acceder as novas aparecidas nos medios:

Faro de Vigo

Diario de Arousa

La Voz de Galicia

 

De novo, os amighos de Caramuxo fixéronnos unhas camisolas que botan por fóra.

As tallas das camisolas unisex son S, M, L, XL e XXL, as de moza S, M, L e XL, as de neno 6 anos, 8 anos, 10 anos e 12 anos.

Teñen un prezo de 10 euros máis os gastos de envío, para que logho digades… bo, bonito e barato.

Para facer o pedido mandade un email a info@caramuxo.com e contádelle o que queredes, atenderanvos coma se fosedes da casa

E non pensas que xa estas tardando en mercala?

Ah, e non vos esquezades de dar unha volta pola súa paxina, www.caramuxo.com, ben merece a pena….

 

Alguén quere festa?

26 de Xuño de 2009

Coidadiño coa resposta, non andamos con chiquitas, falamos de festa, festa.

Lumeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!!!!!!

 

Aí ven o día…

22 de Xuño de 2009

Reza unha canción do Sonoro Maxín:

“Estou feliz, estou feliz, estou contento

Porque vos teño aquí no peito ben adentro

Estou contento, estou contento, estou feliz

Porque vos teño aquí diante do nariz.

Aí ven o día

Aí ven o día

Chega con forza

¡Qué marabilla!”


Ide avisando a todios, pasaremos listaaaaaaaaaaaaaa!!!!!

Que viene, que viene…

17 de Xuño de 2009



Tsch, Tsch… que viene, que viene… Só falta un mes!!!!!