Pois coma sempre con toda a ilusión do mundo comezaba o Revenidas 08 despois de moitos meses de traballo.
Este ano a gran novidade foron os dous días de festa (venres e sábado) e a zona de acampada de balde que foi moi ben acollida.
Todo comezou o venres con Ataque Escampe que foron os encargados de abrir o festival presentando o seu disco “Galicia es una mierda” enchendo Vilaxoán do seu rock de serie B.
Continuaron unha das revelación do 2008 en Galiza, Som do Galpom  deixando paso a unha das grandes sorpresas da noite, os italianos Arpioni que fixeron bailar a todo o torreiro da festa ao ritmo do seu clásico ska. Rematou o día co arañoto style de Galegoz para deixar paso a sesión de picadiscos de Marcos Payno.
O sábado comezou coa alborada dos Terribles de Arousa, o chupinaso e corte de cinta facían a beizón do xantar que saía das brasas para repartir máis dun millar de kilos de sardiñas.
Animaba todo o ritmo balcánico da Magnifique Band, Peter Punk e Títeres Alakrán facían as delicias de nenos e maiores. Todo marchaba de marabilla.
Pero como todo non pode ser perfecto, comezaron os pequenos problemiñas, primeiro eléctricos que deixaron a medias a actuación de Tino Baz, e despois coa baixa a última hora de Serra-lhe-aí por enfermidade dun dous seus membros. Quedaba moi pouco para solucionar o marrón, e aí apareceu o pelotón galego de emerxencia, máis coñecidos co nome dos Ultraqans que en tempo record estaban enriba do escenario e facendo bailar ao numeroso público presente.
Seguiron os ourensán O Sonoro Maxín que a base de cumbia demostraron o seu bo facer e o seu non parar, gran grupo que sempre terá o seu lugar neste festival, ata a próxima!
E puxeron o broche os xeniais Che Sudaka que acabaron de revolucionar a todo o persoal.
E como todo sempre é pouco continuou a festa ata o día co Infante Terrible e Capitán Sinho que despediron o Revenidas 08.
Todo acaba pero xa empeza a conta atrás cara o Revenidas 09.