Este ano vai ser a SÉPTIMA edición das modernas Revenidas, actividade que se vén realizando en Vilaxoán, concello de Vilagarcía d dende xullo de 2003 como festival e dende o mesmo mes de 2004 coa exaltación gastronómica..

Vilaxoán non sería o mesmo sen a chegada no século XVIII dos cataláns e das súas importantes industrias de salgadura de sardiña. Os propietarios destas fabricas celebraban cos seus traballadores a exaltación de sardiñas asadas ao estilo revenidas, este evento facíase polos anos trinta coincidindo coa festa do Carme, deixando de celebrarse ao estalar a Guerra Civil. En 1933 na revista “Galicia” editada en Madrid comentaba despois dunha exaltación de sardiña en Vilaxoán ” si Carril presta justicia por sus excelentes criaderos de mariscos, unidos en el mundo, únicos en el mundo, a Vilaxoán nadie le disputa la supremacía de sus sardinas únicas en el mundo, cuyas REVENIDAS no tienen rival en los mares conocidos…y aún más

No famoso libro de cociña galega “Picadillo” de M. Puga Y Parga que fora editado en 1905 a receita das sardiñas revenidas vén dada por unha tal “Manuela” veciña de Vilaxoán:
“Los meses de Julio, Agosto; Septiembre Y Octubre es cuando la sardina está en comida, constituye un plato delicado, sometiéndolo a la siguiente preparación…se toman las sardinas que se deseen, se lavan, se secan y se cubren con sal gorda, dejándolas permanecer así de doce a vintecatro horas. Luego en la parrilla se ponen sobre brasas, o en su defecto sobre plancha bien caliente. Cuando están asadas por un lado se les cubre dejándolas sobre el fuego hasta que se asen por el otro, momento mismo de salir de la parrilla”.

Falar de Vilaxoán é falar das Revenidas, como xa di a canción popular “Sómosche De Vilaxoán/da terra das revenidas/onde se canta moi ben/e se bañan as mantidas

A sona chega tamén á literatura.
Ben ricas son as xoubas/xa maiores as sardiñas/pero como están máis boas/en Vilaxoán Revenidas. Gonzalo Bouza-Brey.