
O Leo i Arremecághona é o cantautor punk (kañautor) galego por excelencia.Comeza a levar o seu espectáculo Suspiros de kaña polos escenarios en 1998, cando grava o seu primeiro disco. Nese mesmo ano foi abreconcertos da Xira Galega de Albert Pla, na que presentaba o disco Veintegenarios. A partir daquela levou o seu espectáculo músico-teatral por escenarios de Galiza e de Euskadi, ademais de colaborar como músico e actor con compañías como A Factoría Teatro, no espectáculo As Presidentas, e Berrobambán Teatro, en Vendetta, funcións en que tamén foi responsable da banda sonora.
Gran activista lingüístico e defensor do copyleft os seus espectáculo denuncia a colonización lingüística, cultural e política de Galiza por parte do Estado español.
Cun grande abano de influencias músicas, dende Suso Vaamonde a Iron Maiden, aínda que o público en xeral relaciónao máis ben con Jonathan Richman, Billy Braga, Albert Pla, Pau Riba ou Manolo Kabezabolo.
O Leo ofrecerá en Vilaxoán o mellor do seu último espectáculo, Arremecaghona´s Producións pasando a historia por ser o primeiro cantautor que se separa, prepárense para disfrutar.
http://arremecaghona.blogspot.com/
http://www.myspace.com/arremecaghona