
Funky Style Brass é un grupo Déjanté(tolo), nado ás beiras do Garona, na cidade de Toulouse. Adictos a todos os xéneros musicais, da risa e sobre todo do freestyle, esta banda leda, de músicos tocados pola tolemia invita a compartir os seus delirios musicais, no esceario, na rúa, no autobús…
Este grupo de nove músicos formouse en 2006, na esquina dunha rúa, unha tarde de festa musical. En este encontro inmediatamente creou unha mestura de música festiva, coreada e bailadora.
No curso dos anos e diante dun público cada vez máis entusiasta, seu estilo foise refinando cara unha diversidade musical e escénica que encanta ós pequenos e ós maiores, ós miopes e ós astigmáticos, ós antropófagos e ós herbívoros, de 7 a 77 anos.
Chega a Vilaxoán unhas das bandas cun dos directos máis sorprendentes de Europa ao que os críticos comparan con bandas da intensidade de Mano Negra ou Gogol Bordello
Membros de Funky Style Brass:
Dem-X : Saxo, voz
Pikatxu: Trompeta, voz
Azdier: Percusións
Lor-X: Bombo
Galinette: Teclado, trompeta
Bi-ut: Trompeta
Yanou: Trombón
Floflo: Helicón
Tippex: Trompeta
http://www.funkystylebrass.net
http://www.myspace.com/funkystylebrass