Un bo d ía chegou as augas de Vilaxoán a Central Folque; capitaneado por Ramón Pinheiro Almuinha o seu obxectivo era recompilar as cantigas e as tradicións mariñeiras de Vilaxoán.

Froito dese traballo, xorde este combo que patroneados por Óscar Fernández( Os Cempés, Bonovo…) deixaranos o magnífico sabor salgado do mellor do repertorío tradicional de Vilaxoán e de toda a Ría de Arousa.

Os aparellos empregados por estes mariñeiros non son outros que sánfonas, gaitas, violín, acordeón, piano, batería, contrabaixo, guitarra e voces.

Os mariñeiros deste combo forman unha tripulación exemplar mesturando a auténticos lobos de mar con mil e unha tempestades nas súas costas coa forza da xuventude local.

Esta nave arribará ao peirao de Vilaxoán o próximo 17 de xullo para ofrecer as súas mellores capturas, no que será o inicio dun longo navegar que esperemos que dure moitos anos.

Os mariñeiros desta nave son :
Óscar Fernández: Dirección musical e sánfona

Pablo da Lama: Gaita e clarinete
Géma Pérez: Violín
Dani Riveiro: Batería e percusión
Paloma García: Sánfona
Uxía Vázquez: Sánfona
Román Miguéis: Sánfona
José Manuel Díaz: Contrabaixo
Alvaro Cardalda: Acordeón e piano
Juanma Vicente: Guitarra
Lorena Pérez: Voz