
REVENIDAS 09
No 2009 Vilaxoán viviu o Revenidas máis multitudinario ata o momento. Mantendo o formato de dous días, celebrouse o venres 17 e sábado 18 de xullo.
Xa o venres pola mañá chegaban á vila as primeiras tendas a zona de acampada, que co paso das horas quedouse un pouco pequena.
Os locais Lusco-Fusco foron os encargados de abrir o festival, seguidos da incorporación de última hora D´Callaos que sorprenderon a todo o mundo polo seu bo facer enriba das táboas. Continuou o ska galego de Kogito, pechando a noite os teóricos pratos fortes da noite, os cataláns La Kinky Beat e os míticos franceses Skarface. Pecharon a noite os rimos dos picadiscos Mucha Chinho Pum e Manu Adeus que fixeron bailar a todo o mundo ata altas horas…pero ao día seguinte había que volver a cumplir.
E chegou o día grande, o sábado 18, un continuo non parar festeiro. Dende os Xirifeiros, pasando pola aparción da mellor sardiña do mundo, chegando a percusión dos magníficos Aperta. Xa pola tarde, cunha notable afluencia de público, era a quenda dos Terribles de Arousa e o eterno sorriso de Peter Punk. Para despedir a luz do sol volvía o lume dos asadores e as revenidas, con eles os sons orquestrais de Cé o Home Orquestra e o espectacular show circense de Circo Expresso.
Xa pola noite, uns xeniais Quempallou foron os encargados de abrir os concertos, seguidos da alegría escénica e musical dos madrileños Alamedadosoulna continuando cos sons de Zulú 9.30 para pechar os frenéticos rimos dos Cuchufellos de Manzaneda.
O Taberneiro Lamentable e Mucha Chinho Pum fixeron bailar ata a saída do sol.
Así rematou unha exitosa edición do Revenidas…e dende a mañá xa estamos pensando en como será o vindeiro ano…