
E despois de moito tempo, volveron as sardiñas a Vilaxoán, que ben mollaban o pan….e que pouco duraron.
A gran afluencia de xente e un elevado caos organizativo(sempre hai unha primeira vez) marcaron o transcurso da festa.
Un proxecto demasiado ambicioso para comezar, as cousiñas claras…grupos que se caeron a última hora, moito retraso, carreiras dun lado para outro…pero ante todo moita sardiña e moita festa.
No apartado musical destacar a aportación duns mozos de Ribeira, A COMPAÑÍA DO RUÍDO, que a pesar de tocar ás tantas, fixeron bailar ao seu son aos seus sons a todo o público.