
Baixo un sol de xustiza e moita sede chegou a edición do 2006, e xa se sabe festa con fame non é festa, así que a encher o bandullo coas revenidas do xeito.
Cambiáronse os concertos ao porto, cun escenario en condicións o que unido a un gran cartel fixo que se ateigara a vila de xente, incluído a TVG e o seu Noite Móbil.
Foi un día máxico, tendo de mestre de cerimonias ao mago Vituco no serán e pola noitiña abriron o espectáculo as “avoas” de MALVELA, seguindo con LAMATUMBÁ no seu mellor momento e rematando co regreso dos xigantes de Aríns… RUXE RUXE