O día comezou con sorpresa pola “dimisión a última hora ” do pregoeiro, segundo din as malas linguas, solidarizouse co alcalde inglés que acababa de facer o mesmo.

Pero como non era para tanto a cousa e non lle quitou a fame a ninguén… e a comer e bailar coa música tradicional dos Terribles e os Xirifeiros.

Xa pola noite, nos concertos, gran acollida a TREIXADURA, que tocaban por primeira vez no concello despois de anos escuros en listas negras. Continuando A COMPAÑÍA DO RUÍDO no seu regreso, demostrando ser unha banda consolidada e madura para rematar coa emerxente BANDA POTEMKIN.

Ao día seguinte o ceo chorou a mares, despedíndose da festa até o vindeiro ano.

VISITA A GALERÍA DE FOTOS