Por terra

En Tren

A estación de ferrocarril de Vilagarcía atópase na liña do chamado Eixo Atlántico que une as cidades A Coruña-Vigo-Oporto-Lisboa.

No percorrido Vigo-Pontevedra-Vilagarcía-Padrón-Santiago-A Coruña e A Coruña-Santiago-Padrón-Vilagarcía-Pontevedra-Vigo circulan unha vintena de trens diarios e a súa práctica totalidade teñen parada na cidade arousana.

Distancias en tren:

• Santiago: ½ hora
• Vigo: 50 minutos

Pódense ver os horarios na páxina web www.renfe.es ou chamando ao 902240202

Logo para chegar a Vilaxoán hai varias opcións, xa sexa camiñando por beiramar os tres kilómetros que separan as dúas vilas. No autobús urbán de Vilagarcia, cunha frecuencia de media hora e un prezo de 1’05€, máis información na web www.pereirasl.com ou chamando ao 986501027. A última opción e coller un taxi rumbo a Vilaxoán, xa sexa na mesma estación ou chamando ao número 986501015, cun prezo aproximado duns 6 €.

En Coche

Vilaxoán está conectada coas vías de alta capacidade a través da autopista A-9, que une as cidades galegas de Ferrol e Vigo e enlaza directamente coa autoestrada portuguesa que ata Oporto e Lisboa.

A A-9 leva así mesmo, de xeito directo, a autovía que une Galicia coa Meseta Central, a través de Ourense.

As vías rápidas que percorren o Barbanza e o Salnés converten á cidade arousana nun punto estratéxicamente situado para calquer evento.

Distancias ás principais cidades:

• Santiago: 35 minutos
• Pontevedra: 20 minutos
• Vigo: 45 minutos
• A Coruña: 1h 30 minutos

Ademais por está opción pódese vir en autobús, xa se na liña Carril-Vilagarcía-Vilaxoán (www.pereirasl.com / 986501027) na liña Santiago-Padrón-Vilagarcía-Vilaxoán-A Illa-Cambados-O Grove, nas dúas direccións (www.monbus.es / 902292900)

Por último os días da festa haberá bus de balde, cun recorrido e horario aínda por confirmar, para máis información info@revenidas.com

Por mar

A Vilaxoán tamén é posible chegar por mar, aínda que neste caso as opcións redúcense considerablemente. O máis habitual e forma particular, disfrutando das excelentes condicións para a navegación que ofrece a ría de Arousa. De feito, todos os anos chegan á festa bastantes dornas e pequenas embarcacións.

Por aire

Vilaxoán de Arousa, dista tan só 40 kilómetros dos aeroportos de Santiago de Compostela (Lavacolla) e Vigo (Peinador). 112 kilómetros o separan do aeródromo de A Coruña (Alvedro).

A autopista A-9 comunica a vila coas tres terminais:

• A) Peinador: 40 minutos.
• B) Lavacolla: 40 minutos.
• C) Alvedro: 1 hora e 15 minutos.