Revenidas é unha idea orixinal e innovadora. Recuperando unha celebración histórica (festa das sardiñas revenidas),perdida dende a guerra civil, mesturando a exaltación gastronómica da sardiña cun festival de música, arte e animación galega e alternativa.
Mestura explosiva entre o bo comer, a mellor música e a satisfacción de ser galegos, tomo remexido e enriquecido cun bo viño e un chisco de licor café.
O festival quere aportar o seu puñado de area para a definitiva normalización da cultura galega, apostando por diferentes artistas e grupos que usan o galego como lingua vehicular, así xa pasaron por este evento Luís Tosar, Nova Galega de Danza, Malvela, Lamatumbá, Mago Vituco, Alberto M´vundi, Os Tres Trebóns, Ruxe-Ruxe, Carlos Blanco, Picompé, Seis Dedos, Bucanero, Treixadura, A Compañía do Ruído, Banda Potenkim…
Esperamos que te sumes á festa e xa sabes…NON VALE FALTAR!!!!