+Info

Falar de Vilaxoán é falar das Revenidas, como xa di a canción popular

Sómosche de Vilaxoán
da terra das Revenidas
onde se canta moi ben
e se bañan as mantidas.

O Festival das Línguas. O Revenidas de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, converteuse nunha referencia no noso país pola súa aposta na música feita en galego xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente. Dende o 2003, ano da súa primeira edición,  non deixou de medrar en canto a actividades e asistencia. E na súa 14ª edición forma parte dos oito eventos que están detrás da marca Festivais Rías Baixas. Sen embargo algo non mudou dende as orixes do Revenidas: o compromiso do festival co  país, coa nosa cultura e coas persoas que fan que exista.

#Revenidas17  #FestivaldasLinguas   #RiasBaixasFests   #EuvouaRevenidas

Revenidas17. Unha experiencia popular galega ao redor dunha grande comida familiar, a Gran Sardiñada Popular que deu orixe ao festival, actividades de balde para todos os públicos e concertos nun recinto pechado con dous escenarios no Porto de Vilaxoán en Vilagarcía de Arousa os días 18, 19 e 20 de agosto do 2017. 26 propostas musicais, Gran Gala de Circo, showcooking, actividades de día, Feira Revenida, concertos a bordo do Chasula… e moitas sorpresas máis!

Vémonos en Vilaxoán en Vilagarcía os días 18, 19 e 20 de agosto!

Compartir
Share on Facebook18Tweet about this on TwitterShare on Google+0