Acampada libre

Monta a tenda De balde co teu bono

rev_2015_camping

Revenidas17 ofrece a todas as persoas asistentes ó festival con bono unha zona de acampada libre (ata cubrir todo o aforo) que contará con servizos, duchas e consigna para que todas as revenidas e os revenidos disfruten en Vilaxoán do Festival das Linguas. Todas aquelas persoas que dispoñan dunha entrada de día tamén poderán acampar, pero soamente durante o día para o que teñan a entrada.

A nova zona de acampada do Revenidas, que se atopa a 3 minutos andando do recinto dos concertos, abrirá o venres 18 ás 11h00 e pechará o luns 21 ás 12h00.

E como as boas e bos campistas saben o importante que son as praias nas acampadas, hai unha moi preto do porto de Vilaxoán ó carón dos concertos,  da Praia do Preguntoiro con Bandeira Azul no concello de Vilagarcía de Arousa  🙂

rev_2016_vilaxoan

Compartir
Share on Facebook154Tweet about this on TwitterShare on Google+0