Actividades de balde

UN FESTIVAL PARA TODOS OS PÚBLICOS

REV14 SARDINHADA

REVENIDAS15 está dirixido a todos os públicos. Contempla actividades para nenos e familias, así como concertos musicais para un público adulto nun recinto pechado. Pero disfrutar en pleno verán do mar da Ría de Arousa, descubrir os sabores, olores e as propostas artísticas neste entorno é apto para todas as persoas.

A programación do festival completase con abondas actividades culturais de balde que terán lugar en diferentes espazos da vila; presentación editoriais, intervencións artísticas, espectáculos de circo, paiasos, a sardiñada popular, a intervención plástica do colectivo formado por artistas gráficos Desordes Creativas, pasarrúas e outras actividades de balde, achegando a todos os públicos e asistentes outras expresións culturais de Galicia á oferta musical do festival.

_MG_3651

Entre as actividades máis significativas do festival, xérmolo e orixe do nome de Revenidas, está a GRAN SARDIÑADA POPULAR que terá lugar o sábado 22 de agosto no porto de Vilaxoán, na que participa miles de persoas da vila e doutras localidades galegas, para degustar uns dos manxares máis representativos dos mares da Arousa.

E como nas últimas edicións o sábado celebrarase a GALA SOLIDARIA REVENIDAS, unha gran Gala de Circo solidaria. Un feixe de compañías do máis destacado do circo galego e estatal unidas en prol da risa e da cooperación cun pobo asediado e esquecido, o saharaui.

Atendendo ao interés do festival en achegar as propostas musicais galegas a todos os públicos, Revenidas 2015 contará tamén con actividades musicais para os máis pequenos. Dous concertos presentacións de libro discos de música infantil. Brincavai e Daquí para Alá farán partícipes aos nenos, ás nenas e ao público familiar da música infantil galega.

E por suposto estará aberta a FEIRA REVENIDA na que coñecer e mercar produtos artesanais, culturais, innovadores ou xenuínos nos postos ao longo do parque de Dona Concha.

_MG_1764

Compartir
Share on Facebook133Tweet about this on Twitter1Share on Google+1