Feira Revenida

O talento, a creatividade, a innovación, as figuras emerxentes no mundo das artes, moda, cultura, obradoiros, espazo de xogos populares e dos produtos culturais

O Revenidas é un festival aberto a todos os públicos. A zona de libre acceso atópase na parque de Dona Concha, no porto de Vilaxoán, onde se realizan todas as actividades de balde para público familiar e asistentes aos concertos na zona de pago. O espazo acolledor e coidado esteticamente será intervido pola artista Iria Quintáns, e nel ten lugar a nosa Feira Revenida.

O talento, a creatividade, a innovación, as figuras emerxentes no mundo das artes, moda, xogo, cultura… cítanse ao longo de tres días no parque dona Concha de Vilaxoán para encontrarse cun público convocado para gozar deste mercado alternativo. Os días 18, 19 e 20 de agosto, unha chea de firmas amosan a súa calidade, modernidade e creatividade nun intercambio de valores artísticos e culturais de interese social.

Unha oportunidade para ver, mercar e coñecer produtos que non sempre teñen facilidade de acceso; ao tempo que poder conversar cos artesáns e creativos participantes nesta Feira Revenida. Coa organización deste encontro faise unha aposta decidida polo talento e a economía de proximidade, facéndoos visibles e accesibles.

Compartir
Share on Facebook63Tweet about this on TwitterShare on Google+2