Sardiñada Popular Revenidas

Por suposto, haberá sardiñas revenidas salgadas e asadas na grella!

As Revenidas, cuxa orixe etimolóxica provén das sardiñas, convertéronse en moito máis ca iso; música, actividades e unha sardiñada popular que congrega ao redor do parque de Vilaxoán a miles de persoas para disfrutar da festa en familia. Un dos momentos máis agardados do festival é a sardiñada popular, que se leva a cabo durante o sábado do festival. A asociación Repichoca organiza o xantar, composto por sardiñas revenidas e empanada, para recadar fondos cos que soster o festival.

O parque de Dona Concha, ao carón do porto de Vilaxoán, é o lugar escollido para poder asistir de balde, en familia e con amigos, a unha SARDIÑADA POPULAR REVENIDAS.

No Revenidas axudamoste a descubrir e saborear as Rías Baixas. Non perdas unha das citas gastronómicas imprescindibles do verán galego!

Compartir
Share on Facebook224Tweet about this on TwitterShare on Google+0