Zona Mahou

logo-mahou

Por terceiro ano consecutivo, Mahou continúa como un dos principais patrocinadores do Festival Revenidas. Nesta ocasión ademais do Escenario Mahou, a marca contará cunha Zona Mahou onde se desenvolverán distintas actividades que complementan a oferta do Revenidas17, na que as persoas asistentes poderán disfrutar das cañas mellor tiradas.

O prato forte da Zona Mahou será unha prosposta gastronómica sorpresa a cargo dos chefs Kike Piñeiro, Eloy Cancela e Rafa Centeno dos prestixiosos restaurantes  A Horta d’Obradoiro de Santiago de Compostela e Maruja Limón de Vigo, cunha estrela Michelín. Será o sábado a partir das 13h30 presentarán unha proposta moderna, creativa e innovadora para facer as delicias dos asistentes.

As primeiras 500 persoas que merquen previamente un ticket para a Sardiñada Revenida, obterán gratuitamente un convite para gozar das propostas gastronómicas dos nosos cociñeiros Mahou.

Compartir
Share on Facebook17Tweet about this on TwitterShare on Google+0