O Revenidas, nomeado en cinco categorías dos Iberian Festival Awards

Written by Published in +Revenidas
O Revenidas está seleccionado nos Iberian Festival Awards nas categorías Mellor festival de mediano formato, Mellor promoción turística, Mellor programa cultural, Mellor activación de marca e Contribución á sostenibilidade. Os Iberian Festival Awards son o único recoñecemento creado a festivais procedentes de toda a península ibérica, sendo unha referencia importante na evolución do sector. Esta iniciativa adícase a promover, valorar e celebrar o traballo de todos os profesionais, socios e artistas encargados do desenvolvemento, crecemento e mellora dos festivais.

Tras coñecer as nominacións, os gañadores dos premios serán elixidos por unha combinación de voto público e un panel de xurado da industria de Portugal, España e o estranxeiro. Os Iberian Festival Awards recoñecerán as contricucións e logros dos organizadores dos eventos e todos os demais participantes na industria dos festivais de música en áreas como activación de marca, produción e loxística, medios… co obxectivo de mellorar as relacións entre España e Portugal e optimizar a colaboracón entre os dous países.

proceso de votación (nas categorías nas que pode decidir o público) estará aberto ata o próximo 17 de xaneiro, mentres que nas categorías nas que votará un xurado, o proceso estará aberto a partir de xaneiro do 2018. Os nomes dos gañadores e gañadoras desta terceira edición dos Iberian Festival Awards daranse a coñecer o 15 de marzo no Fórum Lisboa en Lisboa, Portugal, como parte do Talkfest – Foro Internacional de Festivais de Música.

➡ Podes votar polo Revenidas como mellor Festival de mediano formato AQUÍ ⬅ 

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0

revenidas