Auxili

Auxili é unha banda composta por nove músicos valencianos de formación musical diversa e cun marcado estilo reggae. Os máis de 70 concertos ás súas costas en menos de dous anos valéronlle para incorporarse a carteis de festivais coma o Rototom Sunsplash, Fira de la Mediterrania de Manresa, Festival Diània, Viña Rock, Festivern, Marea Rock, Feslloch…

O seu directo ofrece doses de loita, festa, alegría e desmadre e a súa conexión co público e posta en escena convertéronse nas mellores ferramentas para consolidar o proxecto entre a crítica e entre os seus seguidores. Na actualidade atópanse inmersos na presentación do seu traballo “Instants Cremant”, un disco máis personal íntimo, positivo e versátil con dez cancións nas que atopamos letras baseadas en diferentes momentos, estados de ánimo e o día a día.

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0