Bohemian Betyars

Os húngaros Bohemian Betyars son unha das bandas máis tolas do seu país. Para obter os seus extraordinarios sons mesturan o violín e o pasado folclórico do baixista co estilo do resto da banda, á que agregaron o dinamismo do punk e o ska condimentados coas melodías da conca dos Cárpatos.

Antes puidestes velos en festivais coma o Viña Rock (España), Boomtown Fair (Gran Bretaña), Rockfest (Eslovaquia), Festivaloche (Francia), Lowlands (Países Baixos)… e este mes de agosto no #Revenidas17 para contaxiar a todo o público co seu característico bo humor e corpo de festa.

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0