Bolboreta

Bolboreta presenta un directo no que o fío conductor é a música xunto a mensaxe que a cullerdense Lydia Botana (voz, piano, guitarra, acordeón) transmite tocando os seus temas que falan sobre o respecto pola terra, as persoas e a superación dos obstáculos que nos atopamos na vida fusionando xéneros musicais coma o latin, o rock, o pop, o ska… e versións que abranguen dende o tradicional “Túa nai é meiga” ata o reggae de Bob Marley.

Un proxecto persoal de música mestiza no  que se fusionan xéneros musicais coma medio de expresión para falar do mundo que nos rodea, de inxustizas e utopías desta sociedade e do optimismo co que Lydia se move polo mundo.

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0