Dakidarria

Dakidarría é unha das bandas que máis está dando que falar dentro do novo panorama musical estatal. Tras catorce anos na rúa, editaron cinco discos “Fragasaurus Rex”, “El futuro nunca existió”, “Realidades alienantes…”, “…Utopías emergentes” e “De cuncas e de mar” e presentaron o seu directo ao longo de toda a xeografía peninsular, México e parte de Europa. Os oito integrantes da banda son expertos en fusionar ska, reggae e punk-rock apostando  sempre pola enerxía e a festa tanto enriba como debaixo do escenario.

Chegarán ao #Revenidas17 co seu último taraballo, “Lume”, por bandeira e seguro que non deixarán indiferente a ninguén!

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0