De Vacas

De Vacas son un cuarteto musical formado por unha guitarra e tres voces que fan versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Dende as Spice Girls ata o “Gagnam Style”, pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló…  nun formato fresco e divertido. Ata Vilaxoán traerán o seu novo repertorio e os clásicos de sempre pasando pola particular versión do “Despasito” de Luis Fonsi, o “Amodiño”. Música e moito humor nos novos temas para a terra das Revenidas!

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0