Desakato

Desakato nace no ano 2003 en Asturias cun estilo musical que oscila entre rock punk e fussion xunto a un toque musical asturiano. Ao longo de todos estes anos conseguiron facer coas súas cancións un con frenético e contundente, e coas súas letras, unha forma de expresar as súas ideas e sentimentos.

“Outro grupo con K”, pensarán os que aínda non os escoitaron… pero este sexteto parece fuxir dos cánones do rock estatal máis obsoleto e, disco a disco, vai marcando o seu propio camiño e dotando a cada un deles dunha personalidade propia forxada a base de directos, o seu punto forte. Os que xa os coñecen non quedaron indiferentes ante os seus trallazos sonoros e vós, tampouco o faredes!

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0