Doen

Doen é unha banda de rock alternativo da Illa de Arousa que, a pesar de ter unha curta vida, conta con músicos cunha longa traxectoria no mundo da música galega (BORDERLINE79, Fungo, La4Pared, Neuroband, Noite Fechada, Quilma…). Despois de compoñer os catro temas da súa primeira maqueta, mergulláronse no estudo para gravar o seu primeiro disco homónimo “Doen”.

Preparádevos, porque chegan cunhas inmensas ganas de tocar, amosar a súa música e rachar con todo!

Compartir
Share on Facebook15Tweet about this on TwitterShare on Google+0