La Pegatina

La Pegatina é o mellor revulsivo emocional que pode haber sobre un escenario. A súa festa é inusual polo enérxica, divertida e bailable que resulta e a banda nunca se cansa de repartir alegría alá por onde vai. Ademais de ser o grupo catalán máis internacional tamén é o máis políglota, xa que cantan en máis de sete linguas e son capaces de pasar do merengue á rumba ou ao ska cunha facilidade que acaba toleando á xente.

Coa súa nova xira están recorrendo países como: Alemania, Austria, Chile, Argentina, México, Bélgica, Países Bajos, Australia, Reino Unido e farán parada no Revenidas para que o público poida cantar cancións como “Maricarmen”, “Lloverá y yo veré” ou “Heridas de guerra” no seu directo máis potente e explosivo ata o de agora.

Compartir
Share on Facebook3Tweet about this on TwitterShare on Google+0