Leo Arremecághona

Artista polifacético, filólogo e poeta, O Leo i Arremecághona é un creador multidisciplinar que ofrece sempre unhas orixinais actuacións en directo e espectáculos que rozan o formato da performance. É habitual que o seu espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores da canción protesta galega e dos Cantores de abril.

O Leo, que ten dado recitais por toda Galiza, non perderá este #Revenidas17 así que… aconsellámosvos que vós tampouco o fagades porque, con el en escena, pode pasar de todo!

Compartir
Share on Facebook1Tweet about this on TwitterShare on Google+0