Pupil·les

Pupil·les actuará por primeira vez en Galicia no #Revenidas17 inundándonos por completo co seu feminismo loitador, rebelde e festivo. Este trío do País Valencià (composto polas cantantes Natália Pons  e Mireia Matoses e polo disc-jockey Joan Rodríguez) chegará a Vilaxoán cunha clara mensaxe: dar voz ás silenciadas e forza para que sexan elas quen griten, digan basta e a partir de aí poidan construír a súa vida plenamente.

As Pupil·les rapéanlle á vida, á festa e á “Gresca” así que preparádevos para os seus ritmos de reggeatón, drum&bass, reggae e hip hop!

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0