Riot Propaganda

Da fusión de Los Chikos del Maíz e Habeas Corpus nace Riot Propaganda, unha banda que continúa a liña profundamente crítica da música de ambos. As letras das súas cancións abordan diferentes temas de relevancia polícia, econónica e en contra dun sistema que causa miseria e desigualdade. Tamén toman posicións en contra do fascismo, o machismo, a represión policial… sempre aludindo á conciencia obreira que fai falta para iniciar un estalido social que leve a unha verdadeira “Revolución”.

En xaneiro deste 2017 e coa frase “Les habéis hecho volver”, preséntanse cun teaser e novas datas para poder velos en directo: unha delas, o #Revenidas17. Imperdibles!

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0