Sara Hebe

A arxentina Sara Hebe iniciouse no mundo da música de forma autodidacta no 2007, creando melodías e letras sobre ritmos xa compostos. Deste xeito naceu o seu primeiro disco “La hija del loco”, que xerou inmediatamente gran repercusión e tivo unha excelente recepción por parte do público e da crítica. Dende entón, Sara Hebe non deixou de dar concertos e espallar a súa música. Tras publicar “Puentera” e “Colectivo vacío” no que atravesa esquizofrénicamente xéneros que van dende o rap, punk, rock, funk carioca, ata cumbia xunto a Ramiro Jota, mergúllase nunha xira este verán coa que está a percorrer gran parte de Europa. Parada obrigada? O #Revenidas17!

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0