Skindred

Skindred aglutina influencias do nu metal, o punk e o reggae, definindo o seu estilo como “ragga metal”. A banda de Newport, que celebrará o próximo ano o vixésimo aniversario do nacemento da formación, combina todo tipo de elementos musicais sendo capaces de unir a persoas de todos os rincóns do mundo e de facer que caa unha delas se desgarre ata o final na pista de baile. Deste xeito conseguen cumplir unha das súas máximas: que todo o mundo se mova mentres canta sobre temas universais e difunde unha mensaxe de acción positiva e unidade social.

Segundo a propia banda, os grupos que máis influíron neles son Specials, The Police e Clash, e por iso se autodenominan como “os netos desas grandes bandas británicas”, coa diferencia de que, que en lugar de mesturar o ska e o rock, utilizan ritmos do Raggamuffin xamaicano xunto a metal punk da escena heavy. Abride os oídos e preparade os pés para bailar porque, tras conquistar numerosos países arredor do mundo, Skindred aterriza no #Revenidas17.

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0