Terbutalina

Terbutalina faiche bailar como se te duchases todos os días en augardente. Esta banda procedente da costa oeste galega é puro garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados. Desde a súa formación en 2010, este quinteto non parou de tocar, de medrar e divertir a todo o mundo. Despois de pasear o seu intenso garage-punk por infinidade de festivais e salas chegarán ao #Revenidas17 co seu último traballo recén saidiño do forno, “Sonido Esteiro”.

Preparádevos para os seus ritmos frenéticos e sentir como vos invade o tu-pa-tututupa!

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0