Txarango

Txarango é sinónimo de música festiva, de calidade, con mensaxe, e unha enorme capacidade de comunicar e de emocionar. A súa poesía e a súa fusión de música caribeña, latina e mediterránea con denominación de orixe é o que fai que conecten inmediatamente co público.

Tralo apoteósico final da xira “Som Mar” o 21 de novembro de 2015 no Sant Jordi de Barcelona, o grupo de Ripollès alonxouse dos escenarios para volcarse en apoiar ás persoas refuxiadas e reclamar a apertura de fronteiras en Europa. Paralelamente a esta faceta máis social, Txarango traballou neste último ano nas cancións do seu terceiro disco “El cor de la terra”, con colaboracións como The Cat Empire, Manu Chao ou Jarabe de Palo.

Sen dúbida, presenciaredes no #Revenidas17 unha das voltas máis agardadas do ano.

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0