Vendetta

O ska, rock e pachanga, os sons xamaicanos, o reggae, o pop e os arranxos de cordas teclas e percusións son os sinais de identidade destes cinco navarros. Despois de visitar América Latina e percorrer toda a península en festivais coma o Viñarock  coa súa xira internacional “Kamikaze Tour 2016”, Vendetta regresa con máis forza ca nunca para presentar o seu novo traballo “Bother”.

A banda chegará ao #Revenidas17 defendendo o seu traballo máis elaborado e dispostos a amosarlle ao público as súas novas sonoridades, capaces de xogar a medio camiño entre o ska e a electrónica.

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0