Voodoo

VooDoo é música, VooDoo é maxia. VooDoo é a electricidade que corre entre os dedos. Un coidado proxecto musical do que forman parte: Maritxinha (baixo) e Belém (teclado e voz). A súa música é trascendental e feita con mimo para “grandespequenos” momentos de almas que escoitan e non teñen parada. Unha fusión de estilos que se moven entre o Acid Jazz e o Soul, entre o R&B e o Rock e crecen a través da curiosidade pola música, por escoitar e perseguir infinitamente o tempo e os silencios.

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0