Zapa!

Gañadores do concurso de maquetas organizado pola Fundación Paideia Galiza-Estudios Mans.

Zapa! é un trío de rock formado en Compostela por músicos de tres xeracións. Iníciase no 2015 arredor das composicións de Martín Zapata (ex- Ruxe-Ruxe, LamalditaBluesband, The Fabulous Resaca Brothers), guitarrista e cantante. Con Fran Facal (ex- Dr. Gringo, Bakin Blues Band) á batería e Jacobo García (Sinestesia, Néboa) ao baixo, dá forma a un rock potente e denso que nos leva dende o son dos anos 70 ata o stoner actual.

Na súa primeira gravación (“Igual es diferente”, 2017) denuncian a contaminación do mercantilismo no cotián, o amor e a arte, mostrando reacción contra o esmagador do poder do falso e o aparente, en cinco exemplos de furia transformada en celebración catártica.

Compartir
Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0