Revenidas un festival para menores de idade

Written by Published in feira revenida, participación
@S PEQUEN@S PROTAGONISTAS NA PROGRAMACIÓN DO Rev16

Revenidas16 é un festival para disfrutar en familia. Con moitas actividades de balde nos distintos espazos ó redor do Parque de Vilaxoán. Miles de nenos e nenas rodean os espectáculos deseñados para o público máis esixente, para @s nen@s das familias. Como os días que quedan no recordo, a xornada comezará cunha gran comida. Haberá como todos os anos unha Gran Sardiñada Popular aberta ao público familiar. Nas longas mesas dispostas no Parque de Dona Concha, o sábado a partir das 13h. haberá comida e cea á sombra das árbores. Como a antiga tradición, miles de persoas degustarán as sardiñas revenidas, que ademais de dar nome ao festival é unha receta típica da vila mariñeira de Vilaxoán.

Tamén no Parque dende o venres pola tarde, os menores poderán acudir de balde a Feira Revenida, con xogos populares, obradoiros, actividades e postos de artesanía e creatividade.  E o sábado asistir de balde a un espectáculo único de artes escénicas que congrega no parque de Vilaxoán a todos os públicos: A Gran Gala Solidaria Refuxiad@s Revenidas. Este ano ademais @s máis pequen@s disporán dun minifestival deseñado para eles dentro de Revenidas. Música en directo para ouvir en familia no Xoubiñas Festi, será de balde o domingo no Parque a partir das 12 am.

Acceso ó recinto pechado de pago

Os e as menores de idade que desexen acudir ó recinto pechado onde se realizan a meirande parte dos concertos terán que vir acompañados da titora, titor, nai ou pai.

  • Os e as menores de 12 anos non pagarán por asistir aos concertos.
  • As nenas/os maiores de 12 anos terán que pagar a súa entrada ou bono aos concertos.
  • Os e as rapazas de entre 16 e 18 anos poderán asistir sós sempre e cando teñan cuberto correctamente o seguinte formulario. Ademais irán identificados cunha pulseira de menor de idade para evitar o consumo de alcohol.

rev16 autorizacionmenores

Compartir
Share on Facebook63Tweet about this on TwitterShare on Google+0

revenidas