The Dawlins súmanse ao cartel do Revenidas tras gañar o concurso de Sonidos Mans

Written by Published in +Revenidas
O festival Revenidas que celebrará a súa 15º edición do 17 ao 19 de agosto, incorpora ao seu cartel a The Dawlins, un novísimo grupo que mestura no seu repertorio swing, jazz, dixie, blues e country. A banda madrileña súmase ás xa anunciadas Zoo, Steve ‘n’ Seagulls, Banda Xangai, RusskajaHigh PawJoan GarrigaKeltoi!, Ayax y Prok e  Auxili.

The Dawlins é un cuarteto de mulleres que cantan maioritariamente no Rastro, e en inglés aínda que tamén o fan en castelán. Coma se de os músicos de Bremense tratase, fóronse atopando unhas a outras e así se conformou a banda. ‘Dawlins’ é a forma que teñen en Nova  Orleans de dicir ‘querida’, algo distinto da ‘darling’ de rigor, por iso adoptaron ese nome para o grupo. Tocan folk e blues e country e que non haxa entre elas ningún membro do sexo oposto non é baladí.  

A banda foi a escollida para actuar na próxima edición do Revenidas a través do concurso que Sonidos Mans, organizada pola Fundación Paideia Galiza en colaboración con la Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Nos próximos meses, a organización dará a coñecer ao resto de bandas que formarán parte da súa proposta final, no que se augura que será un irrepetible Festival das Linguas para despedir o verán por todo o alto.

Compartir
Share on Facebook38Tweet about this on TwitterShare on Google+0

revenidas