MÁIS ACTIVIDADES QUE NUNCA

A edición XI do Festival Revenidas contará cunha completa programación de actividades para todos os públicos. Conferencias, concertos acústicas, música de rúa, circo, maxía, pallasos, acrobacias, presentacións de libros, sardiñada popular… durante os tres días do festival. Preto de 20 actividades para disfrutar en familia ou entre colegas.

VENRES 22 AGOSTO TARDE
Praza de Abastos

SESIÓN BRAVÚ

Intervención plástica dunha fachada por parte dos artistas gráficos DESORDES REVENIDAS (Desordes Creativas).  Por segundo ano o colectivo deixará a pegada plástica no entorno da Praza de Abastos.

Presentación do libro “Non temos medo”, a historia oral dos Diplomáticos de Monte Alto. O primeiro libro sobre un grupo de rock galego. Participarán o xornalista e autor do libro Rodri Suárez e Xurxo Souto.

Conferencia “Vinte anos de pemento e regueifa” con Pinto d´Herbón.

Concerto acústico de Pinto d´Herbón e Xurxo Souto. (Terán preferencia as persoas cos bonos do festival). Máis info.

SÁBADO 23 AGOSTO MEDIODÍA E TARDE
Parque de Vilaxoán

MÚSICA DE RÚA

Animación musical polo Parque de Vilaxoán, tamén coñecido como Parque de Dona Concha, polas agrupacións Os Terribles de Arousa, Fanfarria Taquicardia e Bombo Támbor.

OS TERRIBLES DE AROUSA

Non son terribles pero si son de Arousa. E o que si garanten nas súas actuacións son diversións terribles. Música popular para facer festa. Non aptos para persoas cansas.

FANFARRIA TAQUICARDIA

Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico, que vai das melodias balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, aportándolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa.

A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal acompoñen: trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor,trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais ebombo-platos. As influencias musicais son varias, comeza polas fanfarrias de europa do leste, os “Brass ensembles” de New Orleans,as charangas carnavalescas caribeñas e brasileiras, e a música tradicional galega

TRÍO BOMBO Y TAMBOR: NI FUNK NI FANK

TRIO BOMBO e TAMBOR é unha compañía de artistas andaluces que nace da necesidade imperiosa e humana de crear a través dunha interacción co público a través da percusión. O estilo principal é o samba brasileiro, pasando polas súas diferentes variantes, tales como o funki, o afro, o carioCa, etc así como outras correntes de carácter latino, africano, tradicional, oriental, flamenco, electrónica e un longo etc. baseándose na ampla bagaxe musical e escénica dos seus compoñentes.

No espectáculo “Ni Funk Ni Fank”: un grupo de músicos con estética funk dos anos 70, moi chamativa e vistosa, déixanse levar polos diferentes estilos que o propio público suxire, xerando todo tipo de situacións imprevistas tanto para o público como para os propios músicos. A sorpresa e a incertidume están servidas ¡Todo é posible!!

DANI GARCÍA: DON GELATI CLOW

Neste momento a compañía compaxina actuacións en Galicia con estancias, actuacións e formación nos EE.UU, onde xa gañou premios como o 1º Premio Michigan Magic Day, 2º Premio Close Up Contest IBM Ring de St Louis, 2º Premio TAOM Texas, 3º Premio en Houston. A compañía de Dani García nace no ano 2004 e rapidamente se fai un oco no panorama máxico galego.

Un billante día de sol chega á praza do pobo un vendedor de xelados co seu carriño e ganas de sacar un sorriso ós que alí viven. Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño que terá que arranxar con inxenio e algo de maxia antes de que os seus xelados se derretan. Esta é unha comedia máxica onde a expresión corporal substitue ás palabras e a comunicación co público e constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa con grande movilidade e sen necesidades técnicas externas.

Gala do Circo Solidaria co pobo Saharaui

Máis info.

DOMINGO 24 AGOSTO TARDE
Parque de Vilaxoán

CHARANGA DA COMPAÑÍA DO RUÍDO

Ajarrense os calsonsillos, axustense os pantalóns,

apreten ben o xustillo, asusten os corazóns.

Asaltemos o parlamento, sen tregua, sen condicións,

que vaian presos os bandidos, que apodresan sen compasión.

Que acontesa un Equinosio, que trema a Terra na súa dor,

que o vencido sexa o Estado, e gañe a Lóxica e a Razón.

Que non pare o Ruido Na Rúa, que non ten nen cabo nen fin,

pois un fin por conseguir ten, un medio pra facelo,

e un principio que defender.

A Alegria, curiosa palabra, que coa participación, nos leva a un principio sólido… a creación de!!

A Compañía do Ruido

Forza, Imaxinación, e Bo Humor.

Neste ano 2013 presenta o seu 6º traballo discográfico “ Pensares Galegos”, e traballa na composición do seu espectáculo “ Sempre en Galiza, Sempre en pelotas!!

PETER PUNK: PEOR IMPOSIBLE

Peter Punk é o mellor pallaso galego do momento. Gañador do Mundoclown 2008 e do Festiclown Rivas-Vaciamadrid 2013 e 2014. Con xiras internacionais por Brasil, Arxentina, Palestina, Italia, Portugal e multitude de festivales estatais e galegos. Con mais de 900 funcións realizadas, Peter Punk é un dos clowns de referencia cun humor gamberro e fresco sen comparanza.

A madurez dun pallaso irreverente, gamberro, inconformista e politicamente comprometido. Isaac Rodríguez métese de novo na pel de Peter Punk, que para moitos é o mellor pallaso galego do momento, para enfrontarse á realidade a golpe de humor e un chisco de mala baba. O seu cuarto espectáculo, co que consolida a súa colaboración con Walter Velázquez, actual director da nova montaxe do Teatro Nacional Cervantes de Buenos Aires. Cunha década de traxectoria profesional e máis de 900 funcións ás súas costas, Peter Punk é cultura popular pura e dura.

 

Pero isto non é todo, haberá máis sorpresas!!