SARDIÑADA TURISMO RÍAS BAIXAS

SARDIÑADA revenidas 2023
Falar de Vilaxoán é falar das Revenidas, como xa o dín os versos de Gonzalo Bouza-Brey:

Ben ricas son as xoubas
xa maiores as sardiñas
pero como están máis boas
en Vilaxoán Revenidas.

Entre as actividades máis significativas do festival, xérmolo e orixe do nome de Revenidas, está a gran sardiñada popular que terá lugar o domingo no porto de Vilaxoán, no Parque de Dona Concha na que participan miles de persoas da vila e doutras localidades galegas, para degustar uns dos manxares máis representativos dos mares da Arousa.

As sardiñas asadas á grella, son sempre elaboradas ao xeito “revenidas”, unha receita tradicional que aínda se conserva na vila. Organizada pola Asociación Cultural de Vilaxoán a Repichoca este encontro familiar e gastronómico de libre acceso para todos os públicos esténdese ao longo da xornada.