Zona Mahou no Rev16

Written by Published in +Revenidas, gastronomía, participación, patrocinadores, revenidas16
Mahou co Revenidas16

logo-mahou

Por segundo ano consecutivo, Mahou continúa como un dos principais patrocinadores do Festival Revenidas. Nesta ocasión ademais do Escenario Mahou, a marca contará cunha Zona Mahou onde se desenvolverán distintas actividades que complementan a oferta do Revenidas16, na que as persoas asistentes poderán disfrutar das cañas mellor tiradas.

rev16 Ines Abril - Maruja Limon

A Zona Mahou acollerá por primeira vez unha prosposta gastronómica a cargo dos chefes Inés Abril e Alberto G. Prelcic dos prestixiosos restaurantes con estrella Michelín Maruja Limón de Vigo e Silabario de Tui. Será o sábado a partir das 14 h. presentarán unha proposta moderna e innovadora da sardiña revenida. As súas interpretacións da raíña gastronómica do festival poderánse degustar ata que se rematen e compartiranse co público asistente de balde.

Rev16 Alberto Gonzalez - Silabario

Ademais na Zona Mahou poderase disfrutar dunha experiencia cervexeira única, un mestre cervexeiro ofrecerá cursos de tiraxe ás persoas asistentes compartindo algúns trucos e segredos que demostran a importancia da tiraxe para saborear unha boa cervexa. Os horarios dos obradoiros de Tiraxe de Cervexa serán o sábado a partir das 17 h. ata as 20h. O domingo serán de 15h a 20h.

A oferta de lecer da Zona Mahou completase coa instalación de varios futbolíns nos que se porá a proba a habiilidade das persoas asistentes a través dos distintos retos que se desenvolverán, o sábado de 12 h. a 22:h. e o domingo de 12h a 20h.
rev15 Mahou

Compartir
Share on Facebook6Tweet about this on TwitterShare on Google+0

revenidas