15.000 persoas ateigaron Vilaxoán e Vilagarcía

Written by Published in +Revenidas, concertos, música, participación, patrocinadores, revenidas16

Haberá Revenidas17!!

Revenidas 16 Ambiente (1)

  • A cifra de asistencia aumentou un 25% á do pasado ano.
  • O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago triunfa nesta festa galega
  • Gran interese polas novidades do Festival, coa potenciación da gastronomía, a relación co mar e a música para nenos/as
  • Entre os máis de 30 concertos en directo destacaron Gabriel o Pensador, Fanfare Ciôcarlia, Talco, ZOO, La Raíz e Russkaja e a gran calidade da música en galego

A organización do Festival Revenidas 2016 confirma que haberá Revenidas 2017 á vez que reitera o seu agradecemento a todas as persoas e entidades que fixeron posible unha edición de records. O Concello de Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra a través da marca Festivais Rías Baixas, AGADIC, así como as empresas privadas como Mahou, Gadis, Marieta Martín-Códax e Deleite Galego.

Ó redor de 650 postos de traballos xerados, 150 directos e 500 indirectos, son as cifras que resumen o esforzo que hai detrás dos escenarios, espazos e actividades do festival, así como todo o volume de negocio do público e de todo o equipo humano deste evento de referencia en Galiza.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas