Seis concertos marítimos, unha Gala de Circo Solidaria liderada por mulleres e a mellor gastronomía arredor da sardiña, principais actividades paralelas do Revenidas

Written by Published in +Revenidas

O Revenidas, que se celebrará os próximos 9, 10 e 11 de agosto no porto mariñeiro de Vilaxoán, continúa abríndose ao mar. Nesta edición, os asistentes poderán vivir unha experiencia marítima única pola Ría de Arousa a bordo do Chasula, unha embarcación tradicional na que poderán gozar de música ao vivo e dunha exclusiva degustación gastronómica de produtos 100% galegos. Esta actividade, unha das máis reclamadas do festival, é perfecta para grandes e pequenos e contará con tres saídas o sábado 10 a cargo do Leo, Gabri Dakidarría e Ugía Pedreira e outras tres o domingo 11 a cargo de Los Jinetes del Trópico, Zeltia Irevire e Gramola.As entradas para asistir poderán adquirirse en www.revenidas.com a un prezo de 20 euros máis gastos de xestión.

O festival volverá contar tamén con outra das súas actividades paralelas estela: a Gran Gala de Circo Solidaria, unha actividade que se leva a cabo a prol da risa e dacooperación cos campamentos de refuxiados e refuxiadas que ateigan as fronteiras europeas abandonados por un sistema que os rexeita. A Gala leva anos sendo o punto de encontro familiar do festival e congregando a máis de 2.000 persoas en torno ao circo, ao humor e á solidariedade con diferentes causas. Na desta 16ª edición, o festival popón unha reivindicación do circo feminino que contará o sábado 10 de agosto a partir das 17h30 no Parque de Dona Concha con Isa Risco, Pajarito, Patty Diphusa, Mireia, Desastronauts e a música de Brassica Rapa.

O popular Parque de Dona Concha establecerase tamén como lugar onde se ubicaráFeira Revenida, onde os protagonistas serán o talento, a creatividade, a innovación, as figuras emerxentes no mundo das artes e os produtos culturais do país, e servirá tamén como punto de encontro gastronómico do festival. As Revenidas, cuxa orixe etimolóxica provén das sardiñas, convertéronse co paso dos anos en moito máis ca iso: música, actividades e unha sardiñada popular que volverá congregar un ano máis a miles de persoas para gozar da festa en familia durante o sábado 10 de agosto. Ademais, ese mesmo día, o festival contará con diferentes prostas gastronómicas no Showcooking Mahou con Kike Piñeiro e Eloy Cancela, de A Horta d’Obradoiro, e no Showcooking Mahou coa chef Inés Abril, do restaurante Maruja Limón, onde os asistentes poderán degustar un “boliño de mexilón tigre” e “remolacha, frambuesa e sardiña”.

Como queda patente, o modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra.

Os horarios e os concertos

Pero o Revenidas non pode esquecer un dos seus eixos principais: a música. A xornada inaugural, que terá lugar o venres 9 a partir das 20h00 no recinto dos concertos de pago contará coa música de Desakato, The Baboon Show, Hard GZ, Mal Elevé, Erin, Tribade, Flow do Toxo e Ferromona DJ. O día grande, o sábado 10, comezará ás 13h00 no Parque de Dona Concha con varias actividades de balde para todos os públicos:Gran Sardiñada Popular, Gala de Circo pro Refuxiadas e pasarrúas con Os Terribles de Arousa, Brassica Rapa e a orixinal proposta con atmosfera poética de Thomas Dylan & Balea. O mesmo día, a partir das 20h00 terán lugar no recinto de pago os concertos deGatillazo, Talco, Skacha, Los Caligaris, Rebeliom do Inframundo, Valira, El Niño de la Hipoteca, TNT, e DJ Plan B. O domingo 11 de agosto o día iniciará cos concertos deCarolina Rubirosa, Dakidarría en acústico e Punkinfantil no parque de Dona Concha para dar inicio a un fin de festa que culminará no recinto dos concertos da man de Gogol Bordello, Nao, Doctor Krapula, Gambeat, Los Jinetes del Trópico, Bastards on Parade, o Leo Arremecághona, Chocolate Remix e La Duendeneta.

Os interesados e interesadas en asistir ao festival poden mercar xa os seus abonos de tres días -con acampada incluída- por un prezo de 41 € o abono e 25 € a entrada de díaa través da páxina web www.revenidas.com.

O Revenidas é un festival que se leva a cabo co apoio e/ou patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación de Pontevedra, a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) a través da súa marca Fest Galicia, Xunta de Galicia – Xacobeo 21, Mahou e Deleite. Ademais, a organización, para levar a cabo o evento tamén conta coa colaboración de Gadis, Wegow, Sonen, Lodeiros, Thunderbitch, Bodegas Martín Códax, Galletas Daveiga, Torre de Núñez, Toyota Nipocar e Estudios Mans.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas