A Radio Galega inaugurará o Revenidas16

Written by Published in medios, participación, revenidas16
O programa A Tarde da Radio Galega en directo dende Vilaxoán

A Radio Galega, medio oficial do Revenidas, desprazarase para dar inagurada a edición máis ambiciosa do Revenidas o venres 19 de agosto. O equipo de A Tarde realizará o programa radiofónico en directo das 16 h. ás 19 h. dende o Parque de Vilaxoán ante as persoas que desexen ver de preto e participar no programa.

 

radio-galega (1)

A Radio Galega ademas ofrece unha programación durante a semana sobre o Revenidas16. Entrevistas e música en varios programas da canle pública da CRTVG darán conta da cita máis importante do terceiro fin de semana en Galiza. O sábado 20 de agosto ademais o equipo da Revista Fin de Semana da TVG realizará varias conexións en directo dende o Vilaxoán para dar conta das actividades e do que acontece no festival.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas