A repercusión nos medios do Rev16

Written by Published in +Revenidas, medios, revenidas16

O interese mediático do Festival Revenidas medra en cada edición

Revenidas16 está presente en páxinas de medios de comunicación, xornais, radios e televisións dán conta da repercusión do Festival das Línguas.
Escollemos un anaco dunha entrevista publicada na Voz de Galicia cuio link podes consultalo na listaxe. Na entrevista que realiza o xornalista Carlos Crespo a Xurxo Souto compoñente do grupo Os Tres Trebóns destaca a evolución da música en galego nos últimos 20 anos poñendo de referencia o festival Revenidas como exemplo de profesionalización e experiencia de festa e música do noso país.
Carlos Crespo: Teño a sensación de que dende o treito final do bravú non se vivía un momento tan efervescente no rock galego como o actual. Comparte esa impresión?
Xurxo Souto: Nos anos do bravú partíamos dunha situación moi complicada na que históricos gurús dicían que o galego non servía para o rock. Ata que apareceron Os Resentidos. E despois chegamos nós. Pero, claro, sempre estabamos tocando na trincheira. Nunca había medios. Era todo a base de demencia. Qué pasou? Que os nenos de entón medraron e agora ofrécennos festivais como o Nordestazo ou Revenidas, coas mellores infraestructuras. E que ademais en vez de estar nunha especie de páramo agardando que chegue a noite están pasando cousas durante todo o día. Antes de que empecen os concertos xa aconteceron 15.000 historias. E iso e marabilloso, sobre todo para a xente que vén de fóra, que alucina con este modelo galego de festival.
Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas