Camisolas e sudadeiras Rev16

Written by Published in +Revenidas, deseño gráfico

Unhas camisolas para a historia do festival

David Lages creador gráfico e autor do deseño oficial do Revenidas16 volta sorprendernos cunha imaxe atractiva que adapta a sardiña revenida á edición actual. As marcas galegas Caramuxo e Rei Zentolo fan posible a produción dunhas camisolas, sudadeiras e chaquetas que de seguro rematarán nas mans dos máis esixentes persoas coleccionistas.

David Lages: Comentáronme que este ano íase colaborar cunha ONGD que traballan a prol dos refuxiados, estaba claro que a imaxe de este ano tiña que ir nesa liña, polo que subín a sardiña a unha lancha neumática, e a vestín cun chaleco salvavidas laranxa, o chaleco converteuse nunha icona dos refuxiados/as e obxecto de representacións artísticas, polo que non podía faltar, tamén incorporei o arame de espiños, que simbolizan os obstáculos que se atopan os refuxiados o chegar os países europeos,  que en moitos casos non solo e unha metáfora, e por último, o elemento para min mais importante da imaxe de este ano, e o mar, que aparte de ser un elemento común que fai que este drama o vexamos mais preto de nos, quixen cárgalo de mais simbolismo, e as ondas do mar están feitas con pegadas dixitais, como símbolo de identidade individual pero común a todos os homes e mulleres.

Compartir
Share on Facebook
Facebook
0Tweet about this on Twitter
Twitter

revenidas