Cashless

Este ano, no Revenidas utilizaremos pulseiras cashless para acceder ao recinto e como sistema de pago dentro del. Durante o festival, poderás recargar nos puntos de recarga habilitados dentro do recinto dos concertos.

A pulseira leva incorporado un chip que se lerá mediante escáneres no control de entrada para acceder e saír ao recinto, así como para realizar diversos pagos. Podes recollela o día do evento no despacho de billetes do Revenidas, situada na entrada do Festival, amosando a túa entrada. Cando pidas bebida ou comida, valerá con achegar a túa pulseira a un dos scanners dos encargados, que amosará o importe que se vai a pagar e o saldo remanente na pulseira.

DEVOLUCIÓN SALDO

Se tes algún saldo pendente na túa pulseira podes solicitar desde aquí a devolución do importe por transferencia bancaria. Para iso, simplemente introduce o código alfanumérico de 8 díxitos que se atopa na parte traseira da túa pulseira. A continuación, comprobaremos o saldo e pedirémosche os teus datos bancarios para proceder á transferencia no prazo dunhas dúas semanas tras finalizar o período de solicitude de devolucións.

Tes ata o mércores 29 de agosto de 2018 para solicitar a devolución. Lembra que os importes promocionais ou regalados recargados en pulseiras non se devolven.

Contacto para consultas e incidencias: contacto@idasfest.es