medios (7)

O Revenidas incorpora ao seu cartel a Gogol Bordello, Nao, Doctor Krápula, Gambeat e Bastards on Parade

Written by

O festival Revenidas, que celebrará a súa 16º edición do 9 ao 11 de agosto, anuncia a incorporación de cinco novas bandas para comezar a conformar o seu cartel final. Nesta ocasión o festival Vilaxoanés confirma a música xitana da vertente ucraniana dos Cárpatos de Gogol Bordello; o rock, punk e metal con crítica social de Nao; a Doctor Krápula, unha das bandas…

A Radio Galega inaugurará o Revenidas16

Written by

O programa A Tarde da Radio Galega en directo dende Vilaxoán A Radio Galega, medio oficial do Revenidas, desprazarase para dar inagurada a edición máis ambiciosa do Revenidas o venres 19 de agosto. O equipo de A Tarde realizará o programa radiofónico en directo das 16 h. ás 19 h. dende o Parque de Vilaxoán…

TVG entrevista ó director do Revenidas

Written by

Revenidas16 aberto a todos os públicos de 0 a 200 anos

A TVG entrevistou esta mañá no programa da galega A Revista Fin de Semana ó director do Revenidas16  Xoán Quintáns, no que adiantou as últimas novidades e fixo un resumo do Festival das Línguas o Revenidas16.

rev16 08_14 Tvg

http://www.crtvg.es/informativos/xoan-quintans-amosa-os-detalles-do-festival-das-revenidas

A repercusión nos medios do Rev16

Written by

O interese mediático do Festival Revenidas medra en cada edición

Revenidas16 está presente en páxinas de medios de comunicación, xornais, radios e televisións dán conta da repercusión do Festival das Línguas.
Escollemos un anaco dunha entrevista publicada na Voz de Galicia cuio link podes consultalo na listaxe. Na entrevista que realiza o xornalista Carlos Crespo a Xurxo Souto compoñente do grupo Os Tres Trebóns destaca a evolución da música en galego nos últimos 20 anos poñendo de referencia o festival Revenidas como exemplo de profesionalización e experiencia de festa e música do noso país.
Carlos Crespo: Teño a sensación de que dende o treito final do bravú non se vivía un momento tan efervescente no rock galego como o actual. Comparte esa impresión?
Xurxo Souto: Nos anos do bravú partíamos dunha situación moi complicada na que históricos gurús dicían que o galego non servía para o rock. Ata que apareceron Os Resentidos. E despois chegamos nós. Pero, claro, sempre estabamos tocando na trincheira. Nunca había medios. Era todo a base de demencia. Qué pasou? Que os nenos de entón medraron e agora ofrécennos festivais como o Nordestazo ou Revenidas, coas mellores infraestructuras. E que ademais en vez de estar nunha especie de páramo agardando que chegue a noite están pasando cousas durante todo o día. Antes de que empecen os concertos xa aconteceron 15.000 historias. E iso e marabilloso, sobre todo para a xente que vén de fóra, que alucina con este modelo galego de festival.

Presentación Oficial de Revenidas16

Written by

Revenidas é un festival de Referencia O Alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, definiu con estas palabras unha das citas imprescindibles do verán nas Rías Baixas e en Galicia. Na presentación oficial do Revenidas16 destacouse a dimensión e a calidade dunha programación moi completa durante os días 19 e 21 de agosto. A Praia do Preguntoiro, condecorada con bandeira…

Preséntase Revenidas15

Written by

cita ineludible do verán nas Rías Baixas – o festival das línguas A presentación pública do festival das linguas Revenidas15 tivo lugar en Vilaxoán e contou coa participación de autoridades e entidades colaboradoras Os presentes destacaron a profesionalidade do festival e a consolidación deste evento como cita ineludible do verán nas Rías Baixas. A edición…