revenidas16 (44)

TVG entrevista ó director do Revenidas

Written by

Revenidas16 aberto a todos os públicos de 0 a 200 anos

A TVG entrevistou esta mañá no programa da galega A Revista Fin de Semana ó director do Revenidas16  Xoán Quintáns, no que adiantou as últimas novidades e fixo un resumo do Festival das Línguas o Revenidas16.

rev16 08_14 Tvg

http://www.crtvg.es/informativos/xoan-quintans-amosa-os-detalles-do-festival-das-revenidas

A cultura mariñeira no rev16

Written by

Experiencia marítima única en familia no Festival das Línguas Revenidas16 e Deleite Galego convídante a vivir unha experencia única a bordo da embarcación tradicional Chasula, pola Ría de Arousa, onde poderes disfrutar no só de música ao vivo, senón coñecer as artes tradicionais de pesca, ou da man de Xurxo Souto achegarnos a través dos seus contos…

Gastronomía da rica no Revenidas

Written by

Food trucks en Vilaxoán! A orixe do festival Revenidas provén dunha comida popular na vila recuperada pola veciñanza para facer da gastronomía a mellor excusa para a festa, a amizade e a familia. Nesta edición número trece de Revenidas a Gastronomía será máis ca protagonista. A chegada de comida en carros complementará oferta culinaria da Sardiñada…

Rev16 Concurso

Written by

Saca a túa língua no#FestivaldasLínguas Comparte Fotos ou Comentarios en Facebook, Twitter, Instagram e Google+ cos hashtags #Revenidas16 #FestivaldasLínguas e GAÑA CAMISOLAS ou SUDADEIRAS!!…

A repercusión nos medios do Rev16

Written by

O interese mediático do Festival Revenidas medra en cada edición

Revenidas16 está presente en páxinas de medios de comunicación, xornais, radios e televisións dán conta da repercusión do Festival das Línguas.
Escollemos un anaco dunha entrevista publicada na Voz de Galicia cuio link podes consultalo na listaxe. Na entrevista que realiza o xornalista Carlos Crespo a Xurxo Souto compoñente do grupo Os Tres Trebóns destaca a evolución da música en galego nos últimos 20 anos poñendo de referencia o festival Revenidas como exemplo de profesionalización e experiencia de festa e música do noso país.
Carlos Crespo: Teño a sensación de que dende o treito final do bravú non se vivía un momento tan efervescente no rock galego como o actual. Comparte esa impresión?
Xurxo Souto: Nos anos do bravú partíamos dunha situación moi complicada na que históricos gurús dicían que o galego non servía para o rock. Ata que apareceron Os Resentidos. E despois chegamos nós. Pero, claro, sempre estabamos tocando na trincheira. Nunca había medios. Era todo a base de demencia. Qué pasou? Que os nenos de entón medraron e agora ofrécennos festivais como o Nordestazo ou Revenidas, coas mellores infraestructuras. E que ademais en vez de estar nunha especie de páramo agardando que chegue a noite están pasando cousas durante todo o día. Antes de que empecen os concertos xa aconteceron 15.000 historias. E iso e marabilloso, sobre todo para a xente que vén de fóra, que alucina con este modelo galego de festival.

A música do Revenidas16 no Spotify

Written by

Escoita a música do Revenidas16 no Spotify. Con Fanfare Ciocarlia, Russkaja, La Raíz, Gabriel o Pensador, Malandrómeda, Talco,  Familia Caamagno, La Kimbala, Juantxo Skalari & La Rude Band, Aspencat, Itaca Band, Os Tres Trebóns, Zoo, O Sonoro Maxín, Dj Pimp...

#Revenidas16 presenta o último de Gabriel O Pensador

Written by

Chega! Que mundo é esse?      Eu me pergunto!       Chega!     Quero sorrir, mudar de assunto!     Falar de coisa boa     Mas minha alma ecoa  Agora um grito   E eu acredito que você vai gritar junto!!

Gabriel o Pensador, Chega! Na primavera deste ano o mellor rapeiro do Brasil vén de presentar o seu último traballo. Pasaron 4 anos, de Sem crisse o anterior e sétimo álbum  do creador brasileiro. Os conflictos sociais do país sudamericano e o contexto global de cambio de ciclo inspira o primeiro tema do álbum.

 

A música dos xeniais Fanfare Ciocarlia

Written by

Son lendas da música contemporánea europea. Gipsy brass, funk groove ou balkan – chámalle como queiras – pero as súas composicións inspiradas na tradición romanía transfieren enerxía con melodías cheas de alegría e movemento a partes iguais. En apenas vinte anos da edición do seu primeiro album Radio Pascani,  o seu son transcendeu ó universal.

A súa música foi empregada en filmes como  Head On dirixido por Fatih Akin, El Crimen Ferpekto de Álex de la Iglesia ou Borat  Cultural Learnings of America. O son de Fanfare Ciocarlia está moi presente tamén en varias longametraxes documentais e en anuncios de televisión. Neste vídeo do Xapón escoitamos como soa unha interpretación dun tema moi cinematográfico dos xeniais Fanfare Ciocarlia. A foto do vídeo tamén é xenial 🙂

#Rev16MúsicaEmerxente

Written by

O Festival Revenidas sempre aposta pola música en galego e co fin de promovela  puxo en marcha a Terceira Edición do Concurso Grupos Emerxentes Revenidas #REV16MusicaEmerxente #músicaengalego #FinalRevenidasTurismoRíasBaixas #FestivaldasLínguas A terceira edición do Concurso que apoia a novas bandas con letras en galego, aberto a todos os estilos musicais contou con 17 bandas e “un nivel altísimo”…